28 de Marzo: O Carballiño baixa aos 13 contaxios activos, Maside continúa con 4 e O Irixo ten 3.
![](https://copecarballino.es/sites/default/files/styles/nodo/public/cual-es-el-porcentaje-de-fallo-de-la-pcr.jpg?itok=jDxsrRO-)
A comarca carballiñesa entra na Semana Santa con 21 contaxios activos de coronavirus, que se reparten en catro concellos.
Á cabeza continúa O Carballiño, con 13 casos hoxe domingo, un menos que onte. Repiten dato Maside con 4 casos activos e O Irixo, que este pasado sábado entrou outravolta na relación de concellos afectados, con 3 contaxios. Pecha esta relación Boborás, onde queda unha soa persoa con infección actva. O resto de concellos mantéñense sen contaxios.