28 de Outubro: A curva do coronavirus continúa o descenso no Carballiño (-11) Boborás (-2) e Cea (-1) Aumentan os casos en Piñor (+2) e sen cámbeos no resto de municipios
A curva do coronavirus continúa á baixa no Carballiño, unha tendencia que se mantén dende o venres da pasada semana, e no informe facilitado por Sanidade correspondente a este mércores dia 28 de Outubro vemos que a cifra actualizada de contaxios activos no Carballiño descende ata os146, son once menos ca onte. Tamén parece confirmarse esta mesma tenencia á baixa no concello de Boborás, que a dia de hoxe rexistra 23 casos, dous menos ca onte.Tamén rexistra un enfermo menos en relación a onte o concello de San Cristovo de Cea, que mantén 18 contaxios activos nesta xornada.
O único concello que desta vez incrementa os contaxios de Covid-19 é o de Piñor, tiña un único caso e pasa a ter 3, dous máis ca onte. E non hai cámbeos no resto dos municipios: Beariz (6) O Irixo (4) Maside (3) Punxín (3) e San Amaro (1)