29 de Decembro: O Carballiño bate record de contaxios, con 201 activos. Maside rexistra 41 casos, Boborás 16, Punxín e San Amaro 14 e Cea 12.

29, Decembro 2021

O Carballiño supera hoxe o anterior record de contaxios diarios, que se alcanzara no mes de Outubro de 2020, daquela con 188 casos activos nun dia. Neste 29 de Decembro O Carballiño notifica 201 casos activos, que son 47 máis que onte, novo record de contaxios no Carballiño dende que se declarou a pandemia.

Maside sigue tamén á alza, e chega hoxe aos 41 contaxios activos, tamén sobe San Amaro, que ten 3 máis que onte e alcanza os 14 casos, os mesmo contaxios que tamén ten Punxín.

Boborás mantén 16 casos activos de covid. E o resto de concellos manteñen casos illados, todos por debaixo de 5.