29 de Marzo: acéndense as alarmas no concello do Irixo, con 5 positivos. O Carballiño sobe a 15 e Maside mantén 4 contaxios activos.
O Irixo é, cos datos deste lúns, concello candidato ao endurecemento de restricións, despois de varias semanas libres de virus, O Irixo suma hoxe outros dous contaxios activos, e contabiliza 5, o que o pon a un paso do endurecemento de restricións na próxima reunión do comité clínico.
O Carballiño incrementa en 2 os casos activos e alcanza os 15, e Maside mantén 4 persoas con infección activa, e Boborás 1. O resto de concellos siguen sen contaxios.