29 de Novembro: 65 contaxios activos no Carballiño, tras un incremento de 25 casos durante a fin de semana.
A fin de semana deixanos outro acelerón de coronavirus no concello do Carballiño, son xa 65 os contaxios activos que temos hoxe lúns no municipio carballiñés, deles 50 son positivos diagnosticados nos últimos 7 dias.
En apenas dous dias, dende o pasado venres, O Carballiño incrementou en 25 os contaxios activos, o que sitúa ao concello entre os de peor comportamento nos últimos dias en toda Galicia.
No resto de municipios da comarca continúa contendose ao coronavirus nesta sexta fase expansavia, con Maside manténdose á cabeza con 8 contaxios activos e casos illados en varios concellos, e mesmo con catro municipios resistindo libres de virus, como son os de Beariz, Boborás, Piñor e Punxín.