29 de Outubro: as altas continúan superando aos contaxios activos no Carballiño (-5) Boborás (-3) Beariz (-1) Incrementanse os casos en Piñor (+2) Cea (+1) Maside (+1)
O Carballiño ten hoxe 141 veciños e veciñas pasando pola enfermidade da Covid-19, cinco menos ca onte, según os datos falicitados por Sanidade, esto non quere decir que non se rexistrasen novos contaxios, senón que as altas volven superar por séptimo dia consecutivo aos que contraen a enfermidade no municipio carballiñés.
Tamén reduce contaxios activos o concello de Boborás (-3) polo que se queda hoxe con 20, e tamén reduce (-1) o número de enfermos Beariz, que rexistra cinco. Pola contra, aumentan o número de persoas con infección activa Piñor (+2)e pasan a ser cinco, tamén incrementa un caso San Cristovo de Cea, que ten 19 casos activos, e tamén rexistra un caso máis Maside, que pasa a ter catro. Non hai variacións no Irixo (4)Punxín (3) e San Amaro (1).