29 de Xaneiro: O Carballliño alcanza os 89 contaxios activos, a cifra máis alta da 3ª onda. Tamén se incrementan os casos en Maside e Cea

29, Xaneiro 2021

O Carballliño suma hoxe 6 contaxios activos máis que onte, e rexisra 89, a cifra máis alta desta terceira onda da pandemia no municipio. Tamén aumentan un contaxio activo Maside, que chega aos 20 e San Cristovo de Cea, que se pon con 8.

Baixan hoxe o número de persoas con infección activa Boborás (-1) (13) e Punxín (-1) (1) quédase cun único contaxio activo, igual que O Irixo (-1) (1). Repiten datos os concellos de Beariz (3) Piñor (2) San Amaro (2)