293 solicitudes preadmitidas para recibir as axudas municipais para facer fronte aos efectos do coronavirus
Un total de 293 empresarios, autónomos, comerciantes e hostaleiros figuran na lista de preadmitidos e posibles beneficiarios das axudas do concello pola situación de emerxencia da covid, que se aprobou hoxe. O importe global do solicitado ascende a 262.181 euros.
A partir de hoxe, e durante 15 días hábiles, ábrese un prazo para que as persoas que figuran nesta lista podan presentar a documentación requerida no anexo 3, asi como o 4 e 5, para ultimar o procedemento.
Rematado este período, poderase proceder ao pagamento das axudas en canto se vaia verificando a documentación presentada polos solicitantes.