3 de Agosto: O coronavirus resístese a baixar no Carballiño, que mantén 102 contaxios activos. No resto de concellos continúa a tendencia á baixa.
![](https://copecarballino.es/sites/default/files/styles/nodo/public/vacunacion-contra-la-covid-19-a-personal-del-centro-penitenciario-de-ourense-pereiro-de-aguiar-foto.jpeg?itok=Qfvos6U3)
O Carballiño non da baixado dos 100 contaxios activos, tras baixar antonte aos 101 casos hoxe repite o dato de onte e Sanidade volve notificar 102 casos activos.
Mellor son os datos da incidencia acumulada, tanto a 7 como a 14 días, indicadores nos que sí se aprecia unha melloría. Nos últimos 7 dias diagnosticáronse no Carballiño 31 novos positivos, mentres que no transcurso dos últimimos 14 dias acumuláronse 90 novos positivos no municipio carballiñés.
No resto de concellos continúa a tendencia á baixa en casos activos: Boborás (16) Beariz (9) Maside (9) San Amaro 5) O Irixo (3) Cea (3) Piñor (3) Leiro (2) Avión (20) Punxín (1)