3 de Novembro: 96 persoas están hoxe enfermas de Covid-19 no Carballiño, 13 menos que onte
Continúa a desescalada do coronavirus no concello do Carballiño, onde o descenso está a punto de alcanzar o 50% do pico da pandemia durante o mes de Outubro, son 96 os contaxios activos no municipio carballiñés tras a actualización de datos deste martes dia 3 de Novembro, 13 menos ca onte.
Nos concellos da comarca, a única variación hoxe está no concello de Piñor, que continúa á alza e acumula un caso máis ca onte, sumando 7. E sen cámbeos no resto dos municipios, que manteñen os mesmos contaxios activos ca onte: Boborás (18) Cea (15) Beariz (3) Maside (3) Punxín (3) San Amaro (2) e O Irixo (2).