30 de Novembro: o coronavirus continúa desbocado en Beariz, que suma 34 casos activos. No Carballiño quedan 10 persoas con infección activa, a cifra máis baixa dos últimos meses.
O Carballiño despide o mes de Novembro con dúas persoas enfermas menos que onte, polo que quedan 10 contaxios activos de Covid-19 no municipio, a cifra máis baixa dos últimos meses. Nos datos actualizados polo Sergas, Maside mantén 4 contaxios activos, Piñor 3, Boborás 2, San Cristovo de Cea 1, O Irixo 1, e con cero casos continúan os concellos de Punxín e San Amaro.
A nota discordante e preoucpante é a do concello de Beariz, que notifica hoxe 5 contaxios activos máis que onte, de tal maneira que as persoas con infección activa ascende hoxe a 34, a maioría vinculadas ao brote declarado na residencia de maiores da localidade.