30 de Xullo: o coronavirus desacelera no Carballiño (-11) (117) contaxios activos, tamén baixan os casos na maioria de concellos, agás en Beariz (+2) (14)
Na liña dos últimos dias, os datos do coronavirus confirman a tendencia á baixa nesta quinta onda da pandemia, no Carballiño o número de contaxios activos baixa hoxe ata os 117, son 11 menos que onte.
Boborás quédase en 19 contaxios activos, que son 5 menos que antonte.Tamén baixan Cea (-2) (3) Piñor (-1) (4) Leiro (-3) (3) e Avión (-2) (30) Temos repetición de datos en Maside (13) O Irixo (4) San Amaro (3) Punxín (1)
O único concello da comarca que incrementa hoxe os contaxios activos é o de Beariz, que pasa dos 12 contaxios que notifica onte aos 14 que rexistra neste dia 30 de Xullo.