31 de Decembro: O Carballiño e comarca despiden o ano con 4 persoas hospitalizadas e 1 na UCI, con 384 contaxios activos, deles 244 no concello carballiñés.
O Carballiño notifica hoxe un novo record de contaxios activos, 244 casos, que sumados o resto dos concellos da comarca dannos unha cifra total de 384 persoas con infección activa de covid neste dia de fin de ano. Delas, 4 precisaron ingreso hospitalario e unha permanece na UCI.
En Maside despídese o ano con 48 contaxios activos. Boborás chega aos 25 contaxios activos, San Cristovo de Cea ao 19, San Amaro aos 18, Leiro aos 16, e Punxín aos 12. O Irixo rexistra 9 contaxios activos e Piñor 5. Avión e Beariz están con 4 contaxios.