3ª División: Arenteiro e Barco alzan o telón da liga en Espiñedo con reparto de puntos
O Arenteiro comezou a súa terceira tempada consecutiva na liga de terceira división empatando a un gol ante o Centro de Deportes Barco, nun partido igualado e que foi de máis a menos en intensidade, algo propio do inicio da competición para dous equipos que ademáis se presentan moi renovados en relación á pasada tempada.
Entrou mellor no partido o Arenteiro, pero foi o Barco quen se adiantou por medio do seu capitán Rubén Garcia ao transformar un penalti. Despois do gol, chegaron os mellores minutos dos valdeorreses no partido e certo desconcerto na defensa do Arenteiro, con dúas xogadas polémicas moi protestadas polos xogadores e afección barquense, xa que nun contra un de David Alvarez co porteiro Rui, éste arrebatoulle o balón, pero entendían que o fixo fora da área, despois tamén protestaron un gol anulado a Ivi Vales por fora de xogo.
Tamén volveu entrar mellor o Arenteiro tras a reanudación, e elo provocou boas ocasións ante a portería do Barco, nunha dela Iván logrou empatar o partido. O máis difícil estaba feito, pero a patir dese momento o partido foi perdendo ritmo e nin un nin outro equipo foron capaces de mover o marcador ata o pitido final.
Para ver a ficha do partido sigue a ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=614656&cod_acta=614656