3ª División: O Arenteiro derrota "in extremis" ao Noia en Espiñedo
Non foi un bo partido dos verdes, non obstante o gol de Rubén Arce dende os once metros co tempo xa cumplido servíu para sumar 3 puntos ante o o FC Noia e colocarse na parte media da clasificación, tras seis xornadas desputadas no campionato nacional de liga de terceira división.
Marcou pronto o Arenteiro, xa que no minuto once de partido chegou o primeiro gol da tarde conseguido Igor Sevivas, o xogador luso do Arenteiro culminou unha gran xogada de Arce para adiantarse no marcador. Minutos despois, o mesmo Igor Sevivas pudo marcar o segundo pero o seu remate de cabeza foise alto sobre a portería de Pajarillo, o veterano gardameta do Noia.
O certo é que conforme ía avanzando o partido o Arenteiro foi indo a menos, ata que no minuto 66 un despiste defensivo nunha falta sobre a área de Pachi aproveitárono os noienses para empatar.
O gol volveu espabilar ao Arenteiro, que volveu no tramo final do partido á carga sobre a portería do Noia, preto xa do final o árbitro anulou un gol aos verdes por suposta falta sobre o porteiro do Noia. E co tempo xa cumplido, sinalou penalti na área visitante, que se encargou de tranformar Rubén Arce.
No seguinte enlace podes ver a ficha do partido: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...