4 de Febreiro: Outro dia con aumento de contaxios activos no Carballiño (+6) que chega aos 115 casos, tamén soben os casos en Boborás, Cea e Punxín

4, Febreiro 2021

O coronavirus non parece ter freo no Carballliño, que rexistra hoxe un incremento de 6 contaxios activos e alcanza a cifra record desta terceira onda da pandemia, 115 persoas con infección activa neste xoves 4 de Febreiro no Carballliño.

Tamén incrementan os casos activos en Boborás (+1) (15) Cea (+2) (13) e  Punxín (+1) (5). Baixan un caso Beariz (-1) (2) e Maside (-1) (23) Sen variacións en San Amaro (4) Piñor (2) e O Irixo (1).