4 de Marzo: Boborás sobe ata os 15 contaxios activos, O Carballño continúa con 8, Maside con 1, e libres de virus o resto de municipios.
O informe de Sanidade sobre o número de contaxios activos correspondente a este xoves dia 4 de Marzo pon de manifesto que son 15 os contaxios activos no concello de Boborás, un máis que onte neste municipio no que mañá venres está convocado un cribado selectivo a 800 persoas, coa finalidade de detectar asintomáticas.
Estabilidade no resto de municipios, nos que de momento manténse baixo control a pandemia, con 8 contaxios activos no Carballiño e 1 en Maside. Sen casos activos no resto de concellos.