4 de Novembro: 17 contaxios activos menos que onte na comarca, no Carballiño (-12) Boborás (-3) Cea (-2) Sen cámbeos no resto de concellos
A actualización de datos correspondente a este mércores dia 4 de Novembro continúa a mesma tendencia dende fai 13 dias no Carballiño, onde continúa baixando o número de persoas enfermas de Covid-19, hoxe son 84, asi que 12 menos que onte.
Tamén descenden os contaxios activos en Boborás (-3) e quédase hoxe con 15 casos, e tamén desconta 2 enfermos en relación a onte o concello de San Cristovo de Cea, que ten 13. Mantéñense os datos no resto dos concellos: Piñor (7) Beariz (3) O Irixo (2) Maside (3) Punxín (3) e San Amaro (2)