4 dias de espectáculos e outras actividades no Festival de Teatro Galego 2012
Por vez primeira desde que se celebra o certame teatral carballiñés, a organización non conta con subvención da adminstracción autonómica, que deixou ao FETEGA e a outros festivais galegos sen axuda económica
Manteñen o seu compromiso có FETEGA a Deputación de Ourense e o Concello do Carballiño, aos que se suman "50 empresas e comercios do Carballiño, e varios patrocinadores, a eles e tamén ás duas institucións que siguen colaborando con nós, incluido o concello que incluso aumentou a súa aportación, é posible manter o festival, a pesar de ter o orzamento máis baixo desde o ano 2003, preto dos 18.000 euros", subliñou a directora do Festival, a actriz carballiñesa Josi Lage.
Para ver a programación, prema no arquivo adxunto: