400 deportistas protagonizan unha intensa fin de semana carballiñesa

3, Xuño 2016

Máis de 200 deportistas citaranse esta fin de semana no pavillón Paco Chao, na clausura dos cursos das escolas municipais de Ximnasia Rítmica-Club Marusia e de Patinaxe Artística.

Asemade, máis de 200 futbolistas participarán nos dous eventos que terán lugar o domingo en Espiñedo: a clausura das escolas municipais de fútbol e a final da Copa Delegación.

XIMNASIA

A clausura do curso do Club Marusia, que entrena ao equipo da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, congregará arredor de 130 ximnastas, e terá lugar o sábado, 4 de xuño, ás 17,00 h.

PATINAXE

O domingo, 5 de xuño, a partir das 17,30 h., terá lugar a clausura da Escola de Patinaxe Artística, tutelada polo Club de Patinaxe Aehde do Carballiño. Na gala intervirán os dous equipos da escola e do club, así como patinadoras doutros clubs, como Ourela de Ourense, Bande, Bolboreta de Redondela e Club Carpa de Vigo, que participou no campionato de España

ESCOLAS DE FÚTBOL E COPA FEDERACIÓN

A actividade deportiva da fin de semana complétase coa clausura das escolas municipais de fútbol e a disputa da final da Copa Federación, que terán lugar no campo de Espiñedo. Pola máñá, ás 10,00 h., comezarán os equipos de Iniciación e Prebenxamìns; ás 10,45, Benxamíns, e a continuación o resto de equipos. E sobre ás 13,00 h., o clásico encontro entre pais de alumnos e monitores. Ao remate haberá uns pinchos.

Ás 19,30 h., tamén en Espiñedo, disputarase a Final da Copa Federación entre os equipos Salamonde e Toén