42 alumnos do colexio da Uceira quedan fora do comedor escolar. Os pais denuncian que non se respetaron os baremos de selección.
A demanda do servizo supera á oferta de prazas, que son 336 para o próximo curso 2018-2019 no colexio carballiñés da Uceira, o que deixa fora da lista a un total de 42 solicitantes.
Dende a ANPA "Xornada Digna" do Colexio Calvo Sotelo lamentan que por parte da dirección do centro e o consello escolar non demandasen a ampliación do número de prazas ante a consellería, sabedores de que se trata dunha problemática que se repite cada ano.
Ademáis, tampouco comparten a interpretación dos baremos que se aplicaron para a selección de beneficiarios "nin xiquera respetaron os baremos que estableceron, perxudicando claramente a pais e nais traballadores con incompatiblidades horarias".
Algunhos destes pais xa presentaron as súas queixas ante a Consellería de Educación e lamentan que "éste e outros condicionantes estean incidindo negativamente na diminución da matricula que ven afectando ao centro escolar, mentres outros colexios próximos da comarca están aumentado a súa matricula", reflexionan.
Apoio aos pais dende Alternativa Veciñal - En Marea
Esta formación política mostra a súa solidaridade cos pais e nais de alumnos que quedan fora do servizo de comedor escolar, unha situación de "inxustiza, desamparo e impotencia", da que tamén fan responsables aos gobernantes municipais do Carballiño
Para acceder ao comunicado de AV-En Marea, prema no arquivo adxunto: