5 de Febreiro: Baixan os contaxios activos no Carballiño (-6) Boborás (-4) Beariz (-1) e O Irixo queda libre de virus
Por primeira vez dende que comezou a progresión do coronavirus nesta terceira onda da pandemia a principios de Xaneiro, O Carballiño rexistra hoxe o primeiro descenso de contaxios activos (-6) ata os 109 casos neste venres dia 5 de Xaneiro. Tamén é relevante o dato de Boborás, que pasa dos 15 contaxios activos de onte aos 11 de hoxe. E Beariz, que tiña 2 quédase hoxe cun único contaxio activo.
Aínda asi, a mellor noticia do dia é para o concello do Irixo, que se converte no primeiro da comarca en quedar libre de virus nesta terceira onda da pandemia. Continúan cos mesmos contaxios activos en Punxín (5) San Amaro (4) e Piñor (2) Dous concellos aumentan os contaxios activos, San Cristovo de Cea (+1) (14) e Maside (+1) (24)