5 de Xaneiro: O Carballiño suma hoxe 387 contaxios activos, Maside 60, Boborás 28, Cea 26 e Punxín 25, os concellos da comarca con máis casos.
O Carballiño está a un paso de rebasar a barreira dos 400 contaxios activos, nas úlitmas horas diagnosticáronse 34 novos positivos de covid, unha cifra que unha vez descontadas as altas médicas deixános un incremento de 20 contaxios activos respecto a onte, pasando de 367 a 387 contaxios activos neste mércores 5 de xaneiro.
Maside chega hoxe aos 60 casos activos, Boborás aos 28, Cea aos 26, Punxín 25, San Amaro 22, Leiro 17, O Irixo 14, Avión 12, Piñor 7 e Beariz 5.