As 5 empresas con máis vendas da comarca facturaron 127,2 millóns de euros e suman 671 empregados. Son GRI Towers, Sogapol, Madeiras Paco Cacharolo, Madeiras Gómez e Frigoríficos Arcos.
Do TOP 5 das empresas da comarca que mais facturan, tres delas están asentadas no parque empresarial do Carballiño, e as outras dúas nos concellos de Piñor e San Cristovo de Cea, éstas dúas últimas relacionadas co sector da madeira. Asi se desprende dos últimos datos do ranking de empresas da provincia que publica o portal "El Economista.es", e que se corresponden co ano fiscal de 2021.
En cabeza continúa outro ano máis GRI TOWERS GALICIA S.L., a empresa que fabrica torres eólicas no parque empresarial do Carballiño é, con diferencia a que ten máis empregos directos, 350, e unha facturación de 45.452,000 euros. A empresa, que este ano aprobou un ERTE para a totalidade da súa plantilla, reducíu a súa facturación nos últimos exercicios recollidos neste rankig, xa que nos dous anos precedentes declarou vendas por importe de 55,6 e 68,5 millóns de euros nos anos 2020 e 2019, respectivamente.
A segunda mercantil tanto en facturación como en número de traballadores da comarca e tamén con sede no parque empresarial do Carballiño é SOGAPOL -Sociedad Gallega de Polímeros S.A.- que desenvolve a súa principal actividade na xestión integral de residuos plásticos. Incrementou a súa facturación en algo máis de 12 millóns de euros en relación ao ano anterior, ata acadar os 43.509,205 euros, cunha plantilla de 174 traballadores.
No terceiro posto do ranking comarcal de empresas figura MADEIRAS PACO CACHAROLO S.L., a empresa do concello de San Cristovo deCea tamén incrementou as súas vendas anuais en preto dos 3 millóns de euros, ata os 15.047,930 euros, e ten unha plantilla de 22 empregados. A súa actividade e a compra venda de madeira.
E tamén relacionada co sector forestal é a cuarta empresa que máis factura da comarca do Carballiño no ano de referencia, "MADERAS GOMEZ S.L.", a madeireira de Loeda, no concello de Piñor tamén incrementou as súas vendas, ata sumar unha facturación de 13.953,410 euros, e unha plantilla de 102 traballadores.
Finalmente, pecha este TOP 5 das empresas con máis facturación na comarca FRIGORIFICOS ARCOS S.L., a mercantil con sede no parque empresarial do Carballiño tamén logrou aumentar siñificativamente as súas vendas tal como se recolle neste ranking, ata acadar según os datos deste último ano publicado, os 9.302,717 euros. Conta con 23 empregados para comercializar a súa marca estrela "A Pulpeira" e desenvolver a súa actividade centrada no comercio o por maior de peixe e mariscos.
As cinco primeiras empresas en vendas da comarca en 2021 sumaron unha facturación de 127,2 milóns de euros, dando emprego directo a un total de 671 persoas.