6 de Decembro: a comarca despide a semana con 50 casos de coronavirus, Beariz (34) O Carballiño (8) Maside (4) Boborás (2) Piñor (1) Cea (1)
A comarca carballiñesa cerra a semana con 50 contaxios activos de coronavirus, a maioria deles no concello de Beariz (34) según os datos de hoxe domingo, son 3 casos menos do pico de contaxios os que se chegou no trancurso da semana, cando chegaron a alcanzarse os 37 casos activos no municipio bearicense, a maioria vinculados á Residencia de Maiores da localidade.
No resto dos municipios, O Carballiño rexistra hoxe a cifra máis baixa de contaxios activos (8) dende o pasado mes de Xullo, e cando se cupliron xa as dúas semanas dende que se levantaron no Carballliño as restricións de mobilidade e autorizouse a reapertura da hostelería. Maside mantén 4 persoas con infección activa, Boborás 2, San Cristovo de Cea 1, Piñor 1, e continuán libre de virus os concellos do Irixo, Punxín e San Amaro.