6 de Febreiro: O Carballiño ten 109 contaxios activos, dos que 101 rexistráronse nos últimos 14 dias. Maside (25) Cea (17) Boborás (11) Punxín (5) San Amaro (4) Piñor (2)
O Carballiño é, agora mesmo entre as grandes poboacións da provincia de Ourense, a única na que o coronavirus non retrocede e continúa en niveis de incidencia moi alto. Na actualización de datos deste sábado dia 6 de Febreiro, o municipio carballiñés manténse con 109 contaxios activos, os mesmos que rexistraba onte venres. Baixa levemente na incidencia acumulada nos últimos 14 dias, con 101 novos positivos diagnosticados, a un ritmo de 7,2 novos casos de media diaria.
Maside é, a dia de hoxe, o pior concello da comarca en incidencia acumulada, e rexistra hoxe 25 contaxios activos, 1 máis que o dia anterior. Tamén continúa sumando positivos o concello de San Cristovo de Cea, que alcanza hoxe os 17 contaxios activos. Boborás continúa con 11 persoas con infección activa, Punxín con 5, San Amaro con 4 e Piñor con 2. O Irixo e tamén hoxe Beariz están libres de virus, con cero contaxios activos.