6 de Xaneiro: a comarca resiste contra o coronavirus con 27 casos activos, dos que 14 están no Carballiño
A comarca continúa resistindo ben contra a propagación do coronavirus, según os datos deste 6 de Xaneiro rexistra 27 contaxios activos, dos que 14 corresponden ao concello do Carballiño. Continúan rexistrando altas de persoas enfermas no concello de San Cristovo de Cea, que ten hoxe 8 casos, que son 4 menos que onte.
O Irixo, que estivo varias semanas libre de virus volve rexistrar agora 2 contaxios de Covid-19, os mesmo -tamén 2- que sigue tendo o concello de Boborás.Continúa cun único caso activo o concello de Piñor. E resisten con cero casos outro dia máis os concellos de San Amaro, Punxín, Maside e Beariz.