75 anos despois desde que o fixera Florentino López Cuevillas, volverá excavarse o castro de Cameixa
Un dos castros de referencia da comarca do Carballiño, o de Cameixa no concello de Boborás, volverá excavarse a partir da semana que ven, según anuncian dende a consellería de cultura e ven de confirmar a concelleira de cultura de Boborás, Patricia Torres.
Este asentamento castrexo, que foi recentemente obxeto de estudos por parte do grupo de investigación en arqueoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, xa fora excavado por Florentino López Cuevillas na década dos anos corenta do século pasado.
Agora, será o arqueólogo Jorge Lamas Bértolo o que dirixirá os traballos de excavación, que se levarán a cabo durante as próximas semanas e abranguerá unha extensión de 100 m2.