7de Xaneiro: O Carballiño chega aos 15 casos activos, Boborás queda libre de virus e Punxín rexistra o primeiro caso en varias semanas
Os datos do coranavirus deste xoves dia 7 de Xaneiro reflicten un caso activo máis que onte no Carballiño, que alcalnza os 15. As outras tres novidades nos concellos da comarca están en Boborás, que pasa a ser concello libre de virus, tras recibir a alta as dúas persoas que aparecín na lista dos últimos dias e que xa superaron a enfermidade, mentres que Punxín entra na lista de concellos afectados con 1 caso, e San Cristovo de Cea sigue baixando os casos activos e quédase hoxe con 7.
O Irixo mantén 2 contaxios activos, e 1 Piñor. E continúan con cero contaxios os municipios de Beariz, Maside e San Amaro.