8 de Novembro: leve descenso de casos activos no Carballiño (-4) Cea (-2) Maside (-1) nun dia no que o Semáforo Covid volve situar a O Carballiño en vermello.
Tan so 24 horas despois, o Semáforo Covid do Sergas volve cambear a cor do Carballiño, pasando de laranxa a vermello, o que indica que nos últimos 7 dias rexistráronse máis de 21 novos contaxios.
Aínda asi, continúa descendo o número de persoas con infección activa, hoxe domingo son 4 menos que onte, e deixa a cifra actualizada en 55 casos no concello do Carballiño. Tamén ten hoxe dous contaxios activos menos que onte o concello de Cea, que se queda con 8, e un menos Maside, que rexistra 2. Boborás aumenta hoxe un caso e sitúase con 9 contaxios activos.
Sen cámbeos no resto de municipios: Piñor (6) Beariz (3) O Irixo (2) Punxín (2) e San Amaro (2)