80 peñas compiten este ano no Concurso de Camisetas da Festa do Pulpo. A vaga de calor retrasa a súa celebración ás 7 da tarde deste sábado.
A alerta por calor extremo da Axencia Estala de Meteodoloxía para mañá, 10 de agosto, obriga a retrasar ás 19.00 horas o inicio do Concurso de Camisetas da Festa do Pulpo, previsto para dúas horas antes. Ademais, e como medida de prevención, suspéndese o desfile dos participantes da Praza Maior á Praza da Veracruz, debido a que as temperaturas a media tarde poderían superar os 37 grados centígrados.
En cumprimento ás bases do certame manterase ás 17.00 horas a votación dos deseños na Casa Consistorial, se ben será a partir das 19.00 horas cando se realicen na Praza Maior as fotografías ás camisetas e se anuncie aos gañadores. Nesta ocasión son 80 as peñas inscritas neste certame que ten como obxectivo implicar á mocidade na celebración declarada de interese turístico internacional e que acada este mes de agosto a súa edición número 62.
Mediante este concurso seleccionarase o deseño da camiseta da Festa do Pulpo 2024 e este pode ser creado a base de debuxos, imaxes, tipografías, palabras, frases, números ou calquera outro elemento gráfico. Iso si, a temática debe identificar a dedicación desta edición á Denominación de Orixe Ribeiro. Dende que comezou a celebrarse o Concurso de Camisetas, calcúlase que participaron ao redor de 40.000 persoas.
O primeiro premio será de 300 euros; o segundo de 200 euros e o terceiro de 100 euros. O resto das camisetas que cumpran os requisitos das bases recibirán unha compensación por importe de 60 euros cada unha.
O programa de actividades da Festa do Pulpo estendeuse durante 15 días, ata este domingo 11 de agosto, cando no parque municipal haberá pulpeiras e tabernas para atender aos miles de visitantes.
Esta é a programación detallada desde hoxe venres ata o domingo:
PARTIDO DE FÚTBOL C.D ARENTEIRO – PONTEVEDRA C.F
Venres, 9 ás 19.30 h no Campo do Espiñedo
DISCO MÓBIL GRAMOLA
Venres, 9 ás 23 h na Praza Maior
FESTA DAS CAMISETAS – ANIMACIÓN MUSICAL DE DJs
Sábado, 10 ás 19 h na Praza Maior
Domingo, 11- a partir das 11 no Parque Municipal e rúas da vila
Animación musical de CHARANGAS / GRUPOS DE MÚSICA TRADICIONAL
- de 12 h a 18 h no Parque Municipal
FESTIVAL DE MÚSICA E DANZA TRADICIONAL: CORIBANTES /CANTA NAS CROAS / CANTAREIRAS MADIALEVA / AUSKELGA
- ás 20.30 h na Praza Maior
CONCERTO AMIGOS DO ACORDEÓN TERRAS DE CELANOVA
- ás 23 h na Praza Maior
CONCERTO de OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO