8.541 sinaturas esixen ao Sergas que repoña o servizo de pediatría no centro de saúde do Carballiño
Victor Gulias e Bety Feijóo presentaron ante o rexistro municipal do concello do Carballiño o documento que conta co aval de 8.541 sinaturas de apoio á principal reivindicación da Plataforma pola mellora da Sanidade Pública do Carballiño e comarca, a inmediata reposición do servizo de pediatría no centro de saúde do Carballiño coas dúas prazas de pediatría que ten asignadas, e tamén que se amplie este servizo de pediatría en horario de tarde. Este mesmo documento coas sinaturas van remitilo á Consellería de Sanidade e a Valedora do Pobo.
Recordan que a actúal situación de precariedade representa un agravio para O Carballiño e comarca, e que afecta directamente a máis de dous mil nenos que ten a comarca en idade pediátrica.
Asemade, avanzaron que a próxima mobilización será o domingo dia 14 deste mes de xaneiro, ás 12:30 horas, consistirá cunha cazarolada que se inciará na Pista Roxa e continuará ata o centro de saúde. Tamén van remitir un escrito ao Conselleiro de Sanidade solicitándolle unha entrevista para tratar esta problemática que afecta a O Carballiño e comarca.