9 de Novembro: O Carballiño rexistra 58 contaxios activos, 3 máis que onte, Cea con 9 supera a Boborás, que mantén 8 persoas enfermas. Sen novidades no resto de concellos.
Tras a notable baixada de contaxios activos que nos deixaba a fin de semana no Carballiño (-26) hoxe lúns rexístrase un leve repunte e incrementanse en 3 no concello carballiñés, polo que a dia de hoxe son 58 as persoas enfermas de Covid-19 no Carballiño.
O Concello de San Cristovo de Cea tamèn sube, un contaxio máis que onte, son 9 contaxios activos, polo que se pon por diante de Boborás, que se queda con 8, un menos que onte domingo. Non hai alteracións no resto dos concellos da comarca, que manteñen os seguintes casos: Piñor (6) Beariz (3) Punxín /2) San Amaro (2) San Amaro (2) Maside (2)