ABANCA e a Asociación Centro Comercial aberto do Carballiño renovan a súa colaboración para impulsar o comercio local e de proximidade, o banco ofrece un catálogo específico que facilita o acceso ao crédito ao pequeno

5, Xullo 2022

ABANCA e a Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto veñen de asinar un novo convenio financeiro de colaboración que busca dar apoio ao comercio de proximidade a través do acceso ao crédito de alternativas creadas para mellorar a competitividade dos negocios actuais.

O documento foi asinado  polo director de zona de ABANCA en Ourense oeste, Carlos Alberto Díez Campos, e polo presidente da Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto, Julián Garriga Crespo. Tras a rúbrica, ambos representantes compartiron impresións sobre a situación actual á que se enfrontan os negocios de proximidade. A través deste acordo, os comerciantes adheridos terán acceso a vantaxes, como un plan de financiamento creado polo banco e a agrupación de comerciantes para dar resposta ás necesidades do colectivo.

No documento detállanse produtos e servizos creados para realizar investimentos e reforzar a competitividade dos negocios. Así, terán acceso a préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos. Para adaptarse ás necesidades máis inmediatas da actividade diaria do comercio, o documento recolle outros produtos e servizos como as pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais ou confirming .

O banco tamén activa as liñas de financiamento oficiais do ICO e as SGR galegas para reforzar o apoio ás necesidades dos comercios e proporcionar solucións eficientes ante a crise. Os asociados poderán beneficiarse de condicións melloradas na contratación de dispositivos TPV físicos e virtuais . Estes últimos aumentaron notablemente o seu uso nos últimos tempos debido ao incremento do comercio por internet. Os adheridos tamén terán acceso ás vantaxes que lles ofrece o Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pagamento dos servizos bancarios máis habituais.