Abarrote de púbico no Paco Chao para ver a victoria de Galicia ante Extremadura no campionato autonómico de Fútbol Sala
A Federación Galega de Fútbol Sala deu a cifra de 1.500 espectadores asistentes, o que representa unha das entradas de público históricas no pazo de deportes carballiñés. A selección Galega senior gañou na gran final a de Extramadura por 5-3, remontando un partido que perdian os galegos ao descanso por 2-3.
A selección galega adestrada polo carballliñés Antonio Colmenero revalida asi o título de campión que xa acadara o ano pasado en Valladolid, e volve conseguir agora no Carballiño. Tamén o combinado galego femenino senior gañou o título, ao impoñerse con contundencia á Castela León por 9-0. Finalmente, na categoria xuvenil masculina os extremeños levaronse o título ao impoñerse a Galicia por un apretado marcador final de 7-6.
A organización agasallou con 300 camisetas conmemorativas aos asistentes a esta gran festa do fútbol sala vivida este fin de semana nos polideportivos de Cea e O Carballiño. Ao rematar os actos de entrega de trofeos, o alcalde do Carballiño posou cos campións galegos.