Abren as piscinas públicas do Carballiño e A Rañoa en Maside
As piscinas municipais do Carballiño inaguran a tempada este venres 23 de xuño, mentres que as da Rañoa de Maside abren este sábado dia 24, según veñen de corfirmar tanto o concello carballiñés como o masidao.
A apertura diaria nas piscinas carballiñesas será de 11:00 a 20:30 horas, ofrecendo ademáis servizo de bar-restaurante. Ademáis o concello carballiñés tamén comunica que se abre a inscripción para os cursiños de natación que se impartirán en horario matinal, tanto en iniciación como para perfeccionamento.
Ademáis, na entrada do recinto tamén poderán adquirirse os bonos para os usuarios da piscina para esta tempada, obtendo unha rebaixa considerable a respecto da entrada diaria.