Abrese o prazo de exposición pública do novo PXOM do Concello de Leiro

11, Marzo 2010

O Diario Oficial de Galicia  ven de publicar o edicto do Concello de Leiro, no que se recolle o acordo da aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal, polo que se somete a información pública durante un prazo de dous meses, a contar desde o dia 12 de marzo de 2010. Durante este tempo poderá examinarse a documentación nas dependencias do Concello de Leiro, ós efectos de consulta e tamén da presentación de posibles alegacións. Tamén se fai constar neste edicto, que están suspendidas as licenzas urbanísticas en todo o termo municipal, quedando excluidas aquelas que supoñan obras de conservación e mantemento. Non obstante, e con carácter excepcional, a Xunta de Goberno Local poderá acordar aquelas licenzas cuxa compatibilidade sexa incuestionable có PXOM. A duración da suspensión será como máximo de dous anos e, en todo caso, extinguiráse coa aprobación definitiva do novo ordenamento urbanístico do Concello de Leiro.