Aburrimento en Espiñedo con victoria ante o C.D. Maceda
O Arenteiro volveu dar unha pobre imaxe, desta vez en Espiñedo e fronte a un inocente rival como resultou ser o C:D. Maceda. Asi e todo, o Arenteiro suma por victorias os 3 partidos xogados na casa no que vai de liga, sen dúbida os resultados están actuando como bálsamo para unha afección desexosa de aplaudir a este equipo que, de momento, non se da entonado na categoria. Certo é que os resultados acompañan, e non menos certo que o equipo non dá atopado un patrón de xogo e cóstalle moito resolver os partidos.
Fronte a un C.D: Maceda que non foi capaz de tirar unha sola vez entre os 3 paus en toda a tarde, o Arenteiro tivo que esperar o ecuador da segunda metade para desnivelar o marcador grazas a un penalti regalado pola defensa visitante tranformado por Iglesias, que o árbitro ordenou repetir e voveu materializar Iglesias. Xa no tempo de desconto, o mesmo xogador puxo un balón ós pés de Alén, que rematou a placer. Antes, Bardelás envíou un tiro desde fora da área que desviou a córner o meta visitante, moi ben colocado. Na primeira parte, o Arenteiro pudo adiantarse no marcador nun par de ocasións, unha tras unha falta lanzada por Pablo, o rexeite do meta do Maceda non o aprobeitou Alén, que enviou o balón alto. Tamén neste periodo estivo a punto de marcar Canexón, que peinou o balón de cabeza cará atrás e desviou nunha gran intervención o meta visitante, que se lesionaria nesta xogada e tivo que ser sustituído minutos despois.
Con esta nova victoria e a derrota da Peroxa fronte ao Allariz, o Arenteiro manda na categoria, agora líder en solitario con 13 puntos. O próximo partido, o domingo 9 no campo do Melias.
RESULTADOS DA 5ª XORNADA -1ª AUTONÓMICA
J5 | CD Ramiranes | 6 - 1 | CF Monterrey |
J5 | SD Valenza | 2 - 0 | CF Cortegada |
J5 | AD Covadonga | 2 - 1 | Poligono San Ciprian |
J5 | CD Arenteiro | 2 - 0 | CD Maceda |
J5 | UP Taboadela | 1 - 0 | SD Melias |
J5 | AT Villarino | 3 - 3 | Maside CF |
J5 | CD Velle | 0 - 0 | Ponte Ourense SAD |
J5 | SD Nogueira Ramuin | 1 - 1 | UD Barbadas B |
J5 | A Peroxa CF | 2 - 3 | CD Allariz |
CLASIFICACIÓN
Pos | Equipo | Ptos | Ju | Ga | Em | Pe | Gf | Gc |
1 | CD Arenteiro | 13 | 5 | 4 | 1 | 0 | 10 | 2 |
2 | UP Taboadela | 11 | 5 | 3 | 2 | 0 | 10 | 5 |
3 | A Peroxa CF | 10 | 5 | 3 | 1 | 1 | 10 | 4 |
4 | AD Covadonga | 10 | 5 | 3 | 1 | 1 | 15 | 10 |
5 | SD Nogueira Ramuin | 9 | 5 | 2 | 3 | 0 | 10 | 6 |
6 | CD Velle | 9 | 5 | 2 | 3 | 0 | 7 | 5 |
7 | SD Valenza | 8 | 5 | 2 | 2 | 1 | 6 | 3 |
8 | CD Allariz | 8 | 5 | 2 | 2 | 1 | 7 | 5 |
9 | Ponte Ourense SAD | 8 | 5 | 2 | 2 | 1 | 6 | 7 |
10 | CD Ramiranes | 7 | 5 | 2 | 1 | 2 | 9 | 6 |
11 | SD Melias | 5 | 5 | 1 | 2 | 2 | 7 | 5 |
12 | CF Cortegada | 5 | 5 | 1 | 2 | 2 | 7 | 10 |
13 | UD Barbadas B | 4 | 5 | 1 | 1 | 3 | 4 | 9 |
14 | Poligono San Ciprian | 3 | 5 | 0 | 3 | 2 | 4 | 6 |
15 | CD Maceda | 3 | 5 | 0 | 3 | 2 | 4 | 10 |
16 | Maside CF | 2 | 5 | 0 | 2 | 3 | 5 | 10 |
17 | CF Monterrey | 2 | 5 | 0 | 2 | 3 | 6 | 16 |
18 | AT Villarino | 1 | 5 | 0 | 1 | 4 | 6 | 14 |