Acusan ao alcalde do Irixo de "amañar" o congreso local do Partido Popular
Manuel Penedo foi proclamado como único candidato a presidir o PP do Irixo no congreso convocado para o dia 21 deste mes de novembro. Afiliados desta formación politica mostraron a súa sorpresa ante a información difundida por esta emisora de radio "desde o partido ninguén nos notificou nada", aseguran.
Manifestan o seu malestar ante esta falta de información "porque nin xiquera sabiamos que estaba convocado o congreso e tampouco que houbese un tempo para presentar candidaturas, é lamentable esta actitude e falta de democracia no Partido Popular do Irixo, ésto está todo atado e amañado", subliñou Antonio Bernárdez, que ademáis lamentou "que non se lle queira dar a oportunidade a outras persoas a poder presentarse, porque aquí no Irixo hai xente nova moi válida e que está moi preparada, é lamentable que non se faga unha convocatoria aberta, transparente e democrática".
Consideran que sería positivo para o Partido Popular e para o concello do Irixo que houbese outras alternativas a Penedo "esto fano asi para asegurarse seguir controlando o concello, que é o que lle interesa, e a xente vaise cansando, é hora de renovar a política local, despois de 30 anos de tanto traballo supoño que estarán cansados e debería ser hora de tomarse un descanso", ironizou este veciño e afiliado do Partido Popular.
Según os datos recabados por esta emisora de radio son 70 os afiliados cos que conta o Partido Popular no Irixo "outra sorpresa, porque no PP do Irixo nunca pasamos de sete ou oito afiliados", asegurou Antonio Bernárdez.