Adro Novo pide que se axilice o proxecto da praza da Veracruz
A Asociación "Adro Novo" aplaude os cambios introducidos en relación ao polémico proxecto inicial, recoñece a labor feita polo goberno municipal do Partido Popular, pero demanda da Xunta de Galicia "unha solución definitiva para que se reanuden as obras".
Con data de 26 do pasado mes de xaneiro, o Concello do Carballiño e o Bispado asinaron un documento no que se recolle o acordo das propostas consensuadas de modificación do proxecto. A representante do Bispado, Rita Alén, recordou en COPE O Carballiño que "nese acordo incluiuse a conservación da actúal zona axardinada e o muro de sillería existente, a reserva dunha zona para actos públicos na confluencia das rúas Canteiros e Antonio Palacios, o tratamento da parte norte con zonas axardinadas, asi como o uso peonil e supresión das beirarrúas na rúa de nova apertura entre Evaristo Vaamonde e Florentino Cuevillas, unificando os espazos verdes entre ambos lados".
No acordo reflictese, ademáis, a demolición do polémico muro de formigón que se construíu, e por parte do Bispado autorizase ao Concello do Carballiño "a ocupación dos terreos a fin de continuar e rematar as obras do entorno da Veracruz".
O Alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, manifestou que "toda esta documentación xa foi trasladada á consellería e constanos que se están dando pasos importantes, o máis seguro é que os redactores do proxecto renuncien ao mesmo, e eso vai facilitar moito todo o proceso, espero que nos próximos dias teñamos noticia ao respecto".