"AFAOR" aproveita a feira fin de mes no Carballiño para instalar unha mesa informativa con motivo da conmemoración do mes do Alzhéimer
Durante o mes de setembro conmemórase o Mes Mundial do Alzhéimer, data que axuda a achegar e sensibilizar á sociedade sobre esta enfermidade que é considerada unha das epidemias deste século. Este ano, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense, Afaor, quere facer fincapé na importancia da prevención e do diagnóstico precoz co fin de facilitarlles á pacientes calidade de vida.
Por este motivo na mañá do 30 de setembro, coincidindo co dia de feira fin de mes, Afaor trasladarase ás rúas do Carballiño, onde instalará unha mesa informativa para informar de forma próxima e personalizada a aquelas persoas interesadas e así dar a coñecer o seu labor coas persoas enfermas de alzhéimer e as súas familias.
Esta entidade desenvolve no Carballiño e coa colaboración coa Concellería de Benestar Social, Talleres de estimulación e prevención deterioro cognitivo. A actividade conta con gran acollida veciñal e ten lugar os martes e os xoves pola mañá nas instalacións de Bo Día Familia, rúa Calvo Sotelo, 34. Para apoiar esta iniciativa, a mesa contará coa presenza de Guadalupe Sobrado Pérez, Concelleira de Benestar Social do Carballiño.