A afección do Arenteiro poderá seguir a retransmisión dos 38 partidos de liga, por un prezo de 99 euros, en alta definición (HD)
A empresa que resultou adxudicataria do concurso para emitir esta tempada a Primeira RFEF (ATM Broadcast) ven de anunciar os seus plans para emitir a competición, na que debuta o Arenteiro este sábado dia 26 de agosto no estadio do Nastic de Tarragona.
Os 38 partidos da categoría da Primeira RFEF na que militará o Club Deportivo Arenteiro poderán seguirse a través dunha plataforma de nova creación (www.feftv.com) que estará en funcionamento a partir do mércores dia 23 de agosto.
A operadora ofrece dous plans de subscrición: un de carácter mensual por 12.99 euros e outro de 99 euros de prezo pola tempada ao completo que inclúe todos os encontros da competición e o play off de ascenso a Segunda División. A adxudicataria dos dereitos informou ademáis que os partidos serán emitidos a través da plataforma en calidade de alta definición (HD) e que nas próximas semanas iranse comunicando as diferentes opcións de utilización a través de dispositivos móbiles e Smart TV.
A maiores, continúan as negociacíóns entre a Televisión de Galicia e outras canles autonómicas para ofrecer en aberto os partidos da categoria, polo que sería outra opción para os afeccionados do Arenteiro, que poderían ver os partidos tamén en directo tanto a través da TDT como da internet nestas televións autonómicas.
Ademáis, nas condicións da adxudicación dos dereitos televisivos por parte da Real Federación Española de Fútbol, tamen figura que o 20% dos partidos de cada xornada serían ofrecidos en aberto por parte dunha televisión, algo que de momento aínda non se aclarou.