Aforo completo: esgotadas as mil entradas dispoñibles para a verbena piloto do sábado nas Barcias

16, Xuño 2021

Aforo completo, as mil entradas gratuítas que se ofrecían dende o pasado sábado, esgotáronse nas útlimas horas, e para esta verbena piloto que amenizará a orquestra Cinema entre as 21 ás 23 horas deste sábado dia 19 de Xuño, na finca das Barcias, na zona do parque municipal do Carballiño.

Finalmente, no recinto tan so haberá zona de bailes, sen atraccións de feira e servizo de pulpeira, tal como estaba programado inicialmente. Con este evento, a Xunta pretende avaliar o protocolo de seguridade anti-covid para implantar este verán nas verbenas galegas.