A Agrupación de Mulleres pola Igualdade do Carballiño invita a todas as mulleres coidadoras a manifestarse e colgar os mandís na Praza Maior, este domingo ás 12 do mediodia
Este domingo 8 de marzo con motivo do día da muller AMICA convocou un acto no que se reivindicará "que a día de hoxe segue sendo a muller a responsable dos coidados, ven sexa na casa ou coas persoas, nenos ou maiores". "Tareas organizativas da familia e todo elo sin recoñecemento como traballo en sí, nin remunerado, nin cotizado.
O que leva a miserables pensións no futuro para aquelas mulleres que dedicaron a súa vida a este tipos de coidados e unha sobrecarga persoal e vital para aquelas que os asumen a maoires da súa profesión", remarcan dende esta asociación feminista carballiñesa.
Como representación de mulleres coidadoras que o 8M colgan as suas tarefas en protesta e reivindicación dun recoñecemento social e económico , Amica convida a que todas aquelas mulleres que queiran se sumen á marcha cos seus mandís, as 12:00 do domingo dediante do concello e percorrerá varia rúas ata a chegada á Praza Maior onde colgarán os seus mandís en sinal de protesta. Animan dende a Agrupación de Mulleres pola Igualdade do Carballiño a todas as mulleres que non poidan achegarse por mor de non poder abandonar as súas tarefas de coidadoras que colguen os seus mandís para visivilizar que ainda querendo non poden deixar o seu traballo.
Posteriormente leeráse un manifesto elaborado por esta agrupación feminista que loita "pola visibilización de todo o que aínda queda por avanzar para acadar a igualdade".