Alberto Otero, portavoz do PSOE en Boborás : "non é certo que o Alcalde se rebaixe o soldo e que non vaia cobrar as dietas"

5, Marzo 2010

O Portavoz do Psoe no Concello de Boborás, Alberto Otero, pensa que a a moción promovida poolo Alcalde de Boborás para faovorecer a austeridade e o aforro no gasto público, con distintas medidas entre as que se propón a retirada dos plus dos altos cargos e a diminución dun 20% nos salarios dos cargos electos non mileuristas, obedece a "envexa que ten Cipriano Caamaño dos seus compañeiros de partido, porque a él gustaríalle ser Deputado Provincial ou Autonómico, e despois de 20 anos na política non pudo ser maís cá Alcalde de Boborás". Nunha entrevista no programa "A Mañá de Cope O Carballiño", Otero tamén se referíu o asunto das dietas, despois de que O Alcalde desvelase no último pleno municipal que non as cobraba desde o ano 2007, algo que en opiníon do socialista responde a "unha extratexia política, pode estar anos sen pasalas e cobralas despois todas xuntas, esto é intentar quedar ben ante os veciños, dar a sensación de austero e honrado". Tamén aclarou o portvoz socialista que Caamaño cobrou todas as dietas desde que leva de Alcalde entre 1991 e 2007, e "a xente debe saber que as dietas non son baratas en Boborás, 150 euros por dia, 75 euros por medio dia e 18 céntimos por kilómetro recorrido con coche propio". Ademáis, en relación a reducción do 10% no salario do Alcalde, Alberto Otero entende que tampouco a rebaixa é real "xa que debería explicar que antes que baixalo xa o subira en anos anteriores". Finalmente, o representante socialista na Corporación de Boborás lamentou a actitude de "prepotencia e soberbia" do Alcalde, que no último pleno "chegou a decirnos que que algunhos tiñamos as tripas na cabeza, entre orella e orella e polo tanto tendes merda na cabeza, ou cando afirmou que él tiña unha estructura neuronal máis complexa cá nosa, e que polo tanto podia predicir os problemas antes cá ninguén".

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Alberto Otero, portavoz do PSOE