Alcaldes e portavoces do PSdeG esixen a apertura do parque intercomarcal de bombeiros
![](https://copecarballino.es/sites/default/files/styles/nodo/public/socialistas_0.jpg?itok=V2rbOfdP)
Alcaldes e portavoces socialistas de distintos concellos das comarcas do Carballiño e O Ribeiro concentraronse ás portas do edificio que albergará o servizo intercomarcal de bombeiros, sito no parque empresarial do Carballiño, para demandar a súa inmediata apertura.
Ademáis, os socialistas instan ás administraccións autonómica e provincial para que implanten un modelo de xestión pública, de xestión directa deste servizo, que consideran fundamental e prioritario para garantir unha prestación de calidade á poboación das dúas comarcas.