A alcaldesa de Patricia Torres traslada ao Conselleiro de Educación a petición de obras de mellora no colexio de Boborás

A alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, mantivo unha reunión co Conselleiro de Educación, Román Rodríguez co fin de solicitarlle diferentes obras de mellora para o colexio de Boborás, e "de acordo as demandas trasladadas polo equipo directivo do centro con quen o diálogo e constante e directo, traballando man a man pola educación e o benestar de toda a comunidade educativa", subraian desde o concello de Boborás.
Engaden que que "xa podemos confirmar, que a Consellería acomenterá entre este ano 2025 e o 2026 obras de reforma dos baños da planta primeira e os exteriores, o cambio das portas da entrada e todas as persianas do edificio, que son moi antigas e atopanse en mal estado".
Todo isto "súmase a diferentes obras xa feitas nos últimos anos, como o cambio da cuberta do centro, a zona de patio cuberto ampliado, a reforma dos baños da planta baixa, a reformar enerxetica…entre outras melloras menor índole", manifestan desde o concello de Boborás.