A alcaldesa do Irixo en COPE: "Poden estar tranquilos os veciños, vou seguir traballando e non vou deixar o concello en mans de Juan Manuel". Escóitaa aquí.
A Alcadesa Susana Iglesias, tras retirarlle o pleno o soldo e as competencias delegadas, asegura que vai seguir xestionando o dia a dia no concello do Irixo e vaino facer porque síntese apoiada pola veciñanza do municipio.
Son parte das manifestacións feitas pola rexedora municipal no transcurso desta intervención radiofónica na que desbotou calquera posibilidade de acordo co concelleiro Juan Manuel Villanueva para recuperar a maioria no pleno da corporación, e lamentou ademáis a postura conciliadora proposta do portavoz socialista Iago Fariñas, unha proposta que a alcaldesa cualificou como "unha chantaxe"-
Escoita a entrevista no PODCAST de COPE O Carballiño: