A Alcaldesa en funcións Aúrea Francisco convoca a unha reunión de traballo ós Concellos da Comarca
A Concelleira do BNG convertiuse na primeira muller nacionalista en ocupar o cargo de Alcaldesa en funcións no Concello do Carballiño, tralo decreto asinado polo Alcalde Carlos Montes, que por motivos personais tivo que ausentarse do Carballiño esta semana. Aúrea Francisco Lorenzo asumiu o cargo de Alcaldesa en Funcións con "moita responsabilidade e co orgullo de ser muller, e tamén con ledicia polo cariño que sinto ó pobo do Carballiño, e pola miña vontade de servizo". Como Concelleira de Igualdade e Benestar e desta vez, tamén como Alcaldesa en funcións no Concello do Carballiño, Aúrea Francisco reuniráse este venres cos represetantes do Concellos da Comarca, nunha xuntanza de traballo para avanzar no desenvolveento do Plan de Igualdade e "noutros proxectos conxuntos, porque O Carballiño debe estar coa Comarca, axudando a todos os Concellos, por enriba das cores políticas, buscando o mellor para atender as necesidades da cidadanía".