A Alcaldia propoñerá a presentación e publicación das declaracións patrimoniais dos concelleiros electos
A proposta da alcaldia faráse por medio dunha moción que se presentará ao pleno da corporación municipal do Carballiño para o seu debate e aprobación.
Con esta iniciativa pretendese "dar exemplo de transparencia" á cidadanía, imitando asi unha decisión que xa adoptaron outros concellos galegos, que xa crearon un rexistro de bens e dereitos patrimoniais dos seus concelleiros "nun claro exemplo de promover accións tendentes a incrementar o grao de transparencia na administracción e xestión pública", apuntase dende o goberno do concello carballiñés.
Ademáis, as declaracións dos concelleiros electos "serán publicadas na páxina Web do concello, polo que se garante o acceso público a estos datos, sen necesidade de telos que solicitar oficialmente no concello", subliñan.